Saltar ao contido

Juan Tizón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Tizón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Tizón Herreros Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1895 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBonfim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Monforte de Lemos
1936 – 1936
← Álvaro Rodríguez PérezAlfredo Hermida Losada →
Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 24 de xullo de 1931 – Daniel Vázquez Campo →

Circunscrición electoral: Lugo
Alcalde de Monforte de Lemos
1931 – 1931 – Justo Mazaira Noguerol → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, poeta, sindicalista, oficinista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1453910 Nomes e Voces: 17527

Juan Tizón Herreros, nado na Coruña no 23 de xaneiro do 1895 e finado no Porto no 25 de decembro do 1945, foi un escritor e político galego, exiliado durante a guerra civil española

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballador do ferrocarril, militou no PSOE e na UXT como dirixente da agrupación socialista local da Coruña. Trasladouse a Monforte de Lemos por mor do seu traballo e foi elixido secretario local do Sindicato Nacional Ferroviario da UXT.[1][2] Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Monforte polo PSOE, e dous días máis tarde presentouse no concello co resto dos concelleiros republicanos electos e foi nomeado alcalde provisional.[3] Saíu elixido deputado do PSOE ás Cortes nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Lugo,[4] mais por irregularidades na provincia repetíronse as eleccións e perdeu a acta. Detido durante a revolución de 1934 pasou algún tempo en prisión.[5][6] Alcalde de Monforte de Lemos do 18 de marzo ao 20 de xullo de 1936, intentou organizar a resistencia local á sublevación do exército formando unha milicia local e incautando armas pero tras declararse o estado de guerra e a ocupación das rúas da cidade pola Garda Civil tivo que fuxir co primeiro tenente de alcalde Miguel Chapel Salgueiro.

No inverno de 1939 pasou a Portugal por Celanova e foi trasladado a un refuxio seguro en Porto polo avogado Antonio Ribeiro da Silva, de Viana do Castelo. En Porto estivo en casas da amigos, entre eles Mário Soares ou Luís Alves Carvalho e Herculana de Carvalho, onde recibiu unha nova identidade, Luís Ferreira. Residiu na avenida de Boavista, nunha casa de hóspedes rexentada por Teresa Brandao. En 1942 aparece na listaxe de pasaxeiros do vapor Nyassa, na expedición organizada pola Junta de Ayudas a los Refugiados Españoles (JARE) e a embaixada de México en Portugal, pero non conseguiu saír. Viaxou por cidades de Portugal, desde onde enviou cartas e tarxetas postais á familia coa identidade falsa de Herminia, e escribiu poesías, novelas e contos.[7] Durante a súa estancia en Portugal traballou para os servizos secretos ingleses.[8] Coa saúde quebrada polos anos de persecución e clandestinidade en Galiza morreu no Porto o 25 de decembro de 1945 e foi soterrado no panteón da familia Alves de Carvalho, na freguesía de Bonfim.

En Monforte deuse por morto durante toda a época franquista, logo de que se disparase sobre unha placa dunha fonte por el inaugurada.

Como escritor publicou en castelán o libro de relatos Espiando al diablo en 1925[9] e escribiu entre 1937 e 1938 o poema satírico en galego Seis cregos escollidos (Versos divinos), publicado postumamente no ano 2000 por Xesús Alonso Montero.[10]

No 2010 a Fundación Luis Tilve recompilou e publicou toda a súa obra inédita, baixo o título: Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra. Neste libro recóllense dúas obras de teatro de carácter social (Casta Maldita e Civilización), dous relatos (El cristo del hallazgo e Persecución, este último recopilado polo seu xenro Raúl Solleiro Mella, no que se recollen as experiencias da súa fuga tralo alzamento militar), diversos artigos, e unha extensa biografía feita pola historiadora Rosa María López González.[11]

  1. "Trozos de historia ferroviaria" La Voz de Galicia.
  2. El Orzán, ano XIV, número 3938, 9 de xuño do 1931, páxina 4. BVPH
  3. "El 14 de abril en Monforte", La Voz de Galicia, Monforte, 28-10-2006, p. l5.
  4. "Arquivo histórico do Congreso dos Deputados de España". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  5. Noticia na portada do semanario "El Combate" 30 de setembro do 1934
  6. El Día de Alicante, ano XX, número 5720, 26 de setembro de 1934, páxina 1. BVPH
  7. Casas refuxio no Porto
  8. "Más luz sobre la vida de Juan Tizón" La Voz de Galicia.
  9. El Orzán, número 2291, 26 de setembro do 1925, páxina 2. BVPH
  10. "Xesús Alonso Montero editará en mayo la obra inédita de Juan Tizón Herreros" Arquivado 20/03/2015, en Wayback Machine. La Voz de Galicia.
  11. El pensamiento hecho palabra. Juan Tizón Herreros. Fundación Luis Tilve, Ed. ISBN 978-84-95773-17-3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alfonso Espinosa Feijoo
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1931
Sucesor:
Justo Mazaira Noguerol
Predecesor:
Álvaro Rodríguez Pérez
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1936
Sucesor:
Alfredo Hermida Losada